0

O outono mergulla a Galicia nas súas tradicións máis ancestrais

E de súpeto, chega o frío. A luz cambia e as paisaxes galegas parecen volverse máis fríos e mortecinos. A falta de luz convídanos a refuxiarnos en casa, a cambiar o noso armario e a nosa gastronomía. Volven os pratos de culler mentres as castañas, os higos e os cogomelos regresan aos menús dos restaurantes. E é tamén o momento para gozar dalgunhas das tradicións que fan única a Galicia: desde os magostos ao Samaín, apetece facer unha queimada ou descubrir as pallozas cubertas de neve das montañas do Caurel. E, a pesar de que o tempo retarda a súa chegada, segue sendo o tempo en que algúns se atreven a realizar o Camiño de Santiago, optando por itinerarios que eviten as zonas máis altas. 

É tempo de bosques e cidades

A medida que a luz se atenúa e as tardes de terrazas acúrtanse, o turismo urbano cobra protagonismo xunto cos ocres que se apoderan dos bosques galegos, que atesouran os seus froitos para quen se decida a descubrilos.

Coa chegada de outubro pechamos a tempada máis turística do ano e aos poucos, a medida que os días se fan máis curtos, redúcese o tempo que dedicamos ás actividades ao aire libre. Ímonos facendo á idea de que toca cambiar o armario, sacar as botas, o paraugas e a mantita para o sofá pero tamén é o momento en que o bosque galego adquire as súas mellores cores, as follas secas comezan a darlle un aire nostálxico ás nosas rúas e camiños e, por suposto, é tempo de cogomelos e castañas. 

En coche, en tren ou de sendeirismo, setembro convídanos a descubrir o mundo do viño en Galicia

Aínda que as condicións climatolóxicas fan que cada tempada a vendima se vaia adiantando un pouco máis, setembro segue sendo o mes do enoturismo por excelencia. Os territorios vinculados co cultivo da uva ferven de actividade durante eses días, co transporte incesante entre o campo e a adega e a trasfega de todos os profesionais que están implicados no proceso, para garantir que todo se fai perfectamente.  Quizá non é o mellor momento para visitar o interior dunha adega pero se temos a oportunidade de achegarnos a estes territorios de cultivo e elaboración do viño en Galicia gozaremos coa imaxe da recollida da uva, o seu transporte e procesado en adega. 

Son os enofestivales o 2.0 das romarías populares?

As festas definen, en boa medida, a maneira na que identificamos Galicia: sexan relixiosas, populares ou enogastronómicas, Galicia conta con 143 festas declaradas de Interese Turístico, algunhas das cales levan celebrándose de forma ininterrompida máis de medio século. De entre todas elas a temática gastronómica sen dúbida é a que máis éxito cultivou ao longo dos anos e as tradicionais feiras do viño mantivéronse ao longo das décadas celebrando unha determinada variedade (Albariño, Tinto de Barrantes...) ou os seus respectivos territorios (Ribeiro, Roseira, Ribeira Sacra...).
Con todo nos últimos anos vimos como estas tradicionais celebracións, que non se diferenciaban na súa execución máis que no ingrediente principal - daba igual que se festexase o xamón que os mexillóns ou o viño-, evolucionaron introducindo novos elementos e propostas de lecer que conseguiron crear unha variante que no último lustro está a arrasar en Galicia: os enofestivales. 

Galicia é o teu mellor plan este inverno

Galicia é o teu mellor plan este inverno

Chegou o inverno a Galicia pero este non é motivo para desanimarse. E que aos galegos encántanos reunirnos para celebrar as nosas tradicións en boa compañía. Por iso, durante esta época non poden faltar na nosa axenda numerosas festividades e romarías. Únete a nós nalgunha destas marabillosas citas e goza do mellor inverno galego!

Galicia, un paraíso Cultural

Galicia, un paraíso Cultural

Son moitas as culturas e moitos os pobos que pasaron polo territorio galego, de aí o gran legado cultural que esconde Galicia entre os seus mares e terras. Tradicións ancestrais e arraigadas, castros, arquitectura gótica, románica, barroca ou incluso romanaedificios singulares, faros... inundan cada recuncho de Galicia converténdoa nunha terra cun abanico cultural do máis amplo.

Unha Gastronomía para presumir dela!

Unha Gastronomía para presumir dela!

Co comezo de outubro, dámoslle a benvida oficial ao Mes Gastonómico en Presume de Galicia.  No outono, son moitos os produtos típicos galegos que están de tempada como é o caso da castaña ou dos cogomelos. Por esta razón, creémos que é o mes idóneo para #PresumirdeGastronomía, subindo os nosos pratos favoritos á nosa web en forma de imaxes ou vídeos, xa que este mes, queremos saber de que pratos ou produtos gastronómicos presumen máis os nosos usuarios.

Aínda que comer ben en Galicia, está de moda todo o ano!

Presume de Galicia… presume de blog!

Presume de Galicia… presume de blog!

Presume de Galicia non para de crecer! Cada día son máis e máis as persoas que presumen de Galicia, e queremos celebralo coa apertura dun novo blog no que compartir experiencias con toda a comunidade de Presumidores. Pero isto non se acaba aquí! Tal e como levamos tempo anunciando nas nosas redes, avecíñanse novos cambios, máis melloras e moitas novidades que axudarán a converter a nosa comunidade nun lugar máis grande e mellor, e coas que esperamos poder dar as grazas aos usuarios que día a día comparten as súas fotos presumindo de Galicia por seguir aí, apostando por Galicia, e demostrando o orgullosos que senten de ser parte e de presumir da nosa terra.