Disfrutar da gastronomía galega con selo de calidade

A cociña galega ha evolucionado, e non pouco, nos últimos anos, vivindo unha rápida aceleración que nos permitiu comezar a presumir non só de produtos se non tamén de grandes profesionais nas cociñas e nas salas dos nosos establecementos de restauración. As posibilidades de gozar dunha excelente comida son moitísimas en calquera parte do territorio galego, todo dependerá do que esteamos a buscar ou o que nos apeteza en cada ocasión.

E nesta procura ás veces podemos chegar a perdernos: googlemaps, TripAdvisor ou mesmo Instagram, a rede social favorita dos foodies, serán referencias imprescindibles na procura dese establecemento que nos namore. 


Con todo temos que ter en conta tamén outro criterio fundamental na nosa elección: a calidade. Segundo numerosos estudos o que máis valoramos nun restaurante é un bo servizo, que nos traten con amabilidade, que o servizo coñeza ben a carta e que nos informe adecuadamente sobre ela e sobre viños son algúns dos aspectos que máis valoran os comensais na súa experiencia como clientes. 


Nun sector tan competitivo como o da restauración, un dos máis activos no noso país con máis de 280.000 locais de restauración en toda España que o ano pasado facturaron máis de 36  millóns de euros, a calidade é un elemento diferenciador que permite a moitos establecementos captar e fidelizar aos seus clientes nun mercado profundamente competitivo. 
E nesa valoración da calidade é onde atopamos a importancia de contar con recoñecementos en forma de estrelas, mencións nas guías especializadas máis coñecidas ou selos de calidade como o de Galicia Calidade Lecer, creado dentro da marca internacionalmente recocida como é Galicia Calidade. Aínda que até a fai apenas tres anos a marca só amparada produtos vinculados á gastronomía e o viño desde fai tres anos comezouse a traballar en ampliar a marca ao sector turístico galego, algo que foi posible grazas aos convenios asinados entre Galicia Calidade e o Clúster Turismo de Galicia

Grazas a eles un total de 44 establecementos galegos repartidos polo catro provincias contan xa con este selo entre os que se atopan hoteis, aloxamentos rurais,  servizos de oferta complementaria e, por suposto, restaurantes. Destes últimos 26 son os que teñen na súa porta o selo acreditativo que certifica que cumpren os requisitos do Regulamento de uso da marca e das súas requimientos entre os que se esixe ter o certificado de Q de Calidade Turística ou, na súa falta, o selo dunha norma ISO 9001 e o compromiso de calidade turística (SICTED).


Calquera destes selos identifican o establecemento como un restaurante que vela pola calidade de todos os seus servizos, apostando por unha oferta gastronómica na que predominan as receitas galegas, con materias primas amparadas polos selos de certificación de orixe como as denominacións de orixe ou as indicacións xeográficas protexidas tanto no caso da materia prima como no dos viños e licores ofertados, que deberán estar debidamente certificados polos consellos reguladores correspondentes. 

Agora que sabes todo o que estes establecementos poden ofrecerche, só quédache comezar a visitalos, podes consultar toda a listaxe nesta ligazón e presumir para comer con selo de calidade 100% galega.