¡Manuel Gago presume da arqueoloxía de Galicia!

Un amigo afirma que en Galicia os xacementos arqueolóxicos son como os cogomelos: aparecen onde menos cho esperas e a cada momento. Nin sequera a Xunta é capaz de estimar cantos sitios arqueolóxicos existen porque cada día aparecen novos petróglifos, túmulos, castros ou incluso campamentos romanos. E, ademais, espertan paixóns. Máis aló da Torre de Hércules, a Muralla de Lugo ou o Castro de Baroña, gustaríame propoñervos unha serie de sitios para descubrir o pasado de Galicia, con pedras que case parecen falarche ao oído. Lugares, preciosos, non moi coñecidos fora de Galicia, con poucos visitantes pero (case todos) perfectamente sinalizados e (máis ou menos) explicados.

 

Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños, A Coruña)

Foto: Turismo de Galicia

 

É un dos grandes monumentos megalíticos galegos, e se atopa no corazón da Costa da Morte. Está hoxe tapado por unha espectacular cúpula que permite protexer as súas valiosas pinturas interiores das humidades (non se poden visitar). A visita permite rodear o dolmen, contemplar os idolillos humanos que se dispuxeron á entrada do seu corredor. Unha curiosidade: a cúpula protectora foi deseñada para que non impedira que o sol, durante o solsticio de inverno, penetre a través de corredor e ilumine a cámara. A visita a Dombate se pode combinar con outra ao castro de Borneiro, un impactante castro no medio dun bosque.

Para comer: Compensa baixar ata o porto de Laxe, coa súa preciosa praia. Alí, unha boa opción para degustar produto de mar é o Mar de Fondo.

 

Área arqueolóxica de Tourón (Castro Caldelas, Pontevedra)

Foto: Sole Felloza

Tan descoñecida coma marabillosa. Trátase de todo un val cheo de petróglifos que se van visitando a través dun cómodo sendeiro. É como unha especie de catálogo completo do arte rupestre da Prehistoria galega (circuítos, labirintos, cazoletas, cervos, e mesmo unha especie de bruxo ou chamán), moitas delas base para inspirar moitos dos logos e marcas que veredes por Galicia. Vale a pena subir ata a última das estacións tras unha costa, e admirar unha impresionante escena de caza dunha manada de cervos. A ver se conseguides localizar ao cazador

Onde comer: nas proximidades, na aldea de Tourón, está o Mesón Mexicano, que nos lembra a importancia da emigración galega a este país americano. Curioso para visitar.

 

O Castelón de Castañoso (A Fonsagrada, Lugo)

Título: Casas do Castelón de Castañoso

Foto: Mariña Patrimonio

Recentemente escavado, chegar ata este lugar segue sendo unha aventura. Trátase dun castro situado no fondo don val fluvial de vexetación exuberante. Hai que descender por un frondoso bosque e internarse na pedregosa dorsal que leva ata este castro, quizais vinculado á febre do ouro dos primeiros tempos da dominación romana. Segundo os investigadores, este lugar foi habitado apenas durante 70 anos, pouco despois do cambio de era. Sen embargo, debido ao seu illamento das aldeas, conservouse de maneira excepcional. É, posiblemente, o poboado da Idade de Ferro mellor conservado de Europa, con casas aínda de dúas plantas, e unha incrible sauna que conserva boa parte da bóveda orixinal tras dous mil anos.

Onde comer: A Fonsagrada é coñecida pola súa excelente gastronomía. En inverno o asunto vai de cocidos. Eu os recomendaría un dos mellores cocidos de Galicia, en Casa Villar, en Parada Vella. Pero chamade antes, porque a súa lista de reservas é máis dificil que a de Diverxo (e non é broma).

 

Castro de Lansbrica (San Cibrán de Lás, Santo Amaro, Ourense)

Foto: Google Earth

Teño que confesar a miña devoción por esta auténtica cidade da Idade de Ferro. Este inmenso castro (máis de 10 hectáreas) foi construído dunha soa vez no século II a.C. por un pobo procedente posiblemente do sur da antiga Gallaecia, por motivos que descoñecemos. E é unha auténtica cidade, ou unha colonia, coas súas parcelas divididas para cada familia, e cada parcela familiar composta por un conxunto de edificacións ao redor dun patio nas que podes ver cociñas, fornos, zonas de traballo. Unhas grandes calles conducen ata o recinto sagrado superior, no que se atoparon estatuas, inscricións, a súa porta do oeste apuntando á posta do sol do 25 de decembro. Neste recinto superior, no lenzo oeste, busca unha pedra preto da muralla. Se te fixas ben, non é fácil, poderás distinguir nela unha inscrición: IOVI (A Xúpiter). Toda unha fusión entre as crenzas galaicas e o novo mundo romano.

Onde comer: Unha gran opción é o restaurante Sábrego, na bodega Casal de Armán (San Andrés, Ribadavia). Os bos viños da bodega e unha cociña de inspiración tradicional é un fermoso entorno. Reservade antes.

 

Forte romano de Aquae Querquennae (Bande, Ourense) 

Foto: Google Earth

Unha visita á fronteira entre Galicia e Portugal é sempre recomendable, e pasarse polo complexo do Forte romano de Aquae Querquennae (ollo, é un forte, non un campamento, non “acampaban”, senón que vivían alí) vale unha boa visita. Hai un centro de interpretación na aldea e logo unha fortificación lexionaria construída durante o primeiro século de conquista, quizás para planificar a construción da Vía Nova. O campamento está en bo estado de conservación: é posible distinguir todas as súas áreas, aínda que non é visible todo o ano, xa que queda cuberto polas augas dun embalse durante varios meses. Pero o curioso é seguir andando e veredes máis cousas curiosas. Un pouco máis aló hai unha mansio, é dicir, unha pousada para os viaxeiros máis que percorrían a vía. A posada o ten todo, dende un forno ata unha gran sala na que non é difícil imaxinarse a soldados e viaxeiros entreterse e beber un bo viño da zona. E aínda máis aló está o máis máxico do lugar. As termas. Son gratuítas, e ir en inverno, de noite, vendo como o vapor nace da terra, iluminado pola lúa, é unha experiencia inesquecible.

Onde comer: En Celanova recomendo dous sitios, a Rectoral de Ansemil, unha casa de turismo rural preocupada por recuperar as raíces da cultura tradicional, e no centro de Celanova, a miña recomendación e ir a probar a Pata dos Poetas, no Forno do Lito. Se fai os xoves e os domingos e son pés de porco ao forno. Boísimo. Iso si, reservade antes non só para o sitio, senón tamén para o prato. Como leva moito tempo preparalas, a dispoñibilidade é limitada.

 

Castelo altomedieval de O Casón (Ortigueira)

Título: Vistas dende o alto do castelo de O Casón

Foto: Sole Felloza

Non é fácil atopar en Galicia castelos dos inicios da Idade Media que fosen postos en valor, pero este é o caso do castelo de O Casón, sobre a ría de Ortigueira. Trátase dun tipo de castelo que é moi diferente aos que estamos afeitos a ver nas películas. Ten tres recintos con murallas pétreas, un reduto na zona máis alta e outro máis amplo na zona inferior, no que non é difícil imaxinarse unha zona de refuxio. Este castelo fálanos da necesidade de controlar o mar, da procura dun lugar seguro en momentos de medo e tamén da vontade de controlar o territorio. Visitar a comarca de Ortegal vale a pena. E se podedes achegarvos a este descoñecido testemuño dunha época tan convulsa como descoñecida non vos defraudará.

Onde comer: Na zona hai moitos pequenos restaurantes de boa relación calidade/prezo. Pódese ir ata Cariño e probar alí produtos do mar na Taberna Bardancas.

 

Mapa dos sitios recomendados (en Google Maps):