Sorteamos 28 bonos regalo para que veñades a presumir de outono en Galicia

Galicia é unha terra que vale a pena visitar en calquera época do ano, aínda que durante o outono a nosa comunidade brilla con luz propia e loce máis fermosa que nunca. E para que poidades comprobalo vós mesmos, desde Presume de Galicia imos sortear a través da nosa páxina de Facebook 28 bonos regalo por valor de 200€ e 100€, que poderedes trocar por unha escapada á nosa comunidade para vir presumir de outono connosco. Explicámosvos como participar!

BASES DO SORTEO:

O Clúster de Turismo de Galicia, con NIF G70377338, e domicilio en Edificio Centro Emprendimento (Coworking), Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n. 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), inscrita en con o número 2013/017785 Sección 1 do Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia, organiza un SORTEO que ten como obxectivo premiar aos seguidores das redes sociais da iniciativa.

PARTICIPANTES

Poden participar todas as persoas maiores de idade que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade, salvo traballadores de Turismo de Galicia, o Clúster de Turismo de Galicia e a empresa ou axencia encargada da xestión da campaña, neste caso Mr. Turismo, Marketing en acción. A participación neste sorteo implica a total aceptación destas bases.

TEMÁTICA

Os participantes deberán interactuar coas publicacións realizadas nas redes sociais (Facebook) de Presume de Galicia referidas ao sorteo, segundo se indica nestas bases. Os gañadores, que se escollerán ao azar, serán premiados con bonos regalo de 200€ ou 100€ para gozar dunha estancia nun aloxamento turístico de Galicia durante o outono de 2020.

DURACIÓN E ÁMBITO

Realizaranse catro sorteos, un por semana, entre o luns 19 de outubro e o venres 13 de novembro de 2020. As publicacións coas que os usuarios deberán interactuar para participar no sorteo lanzaranse os mércores, anunciándose o martes seguinte aos gañadores de cada semana. Unha vez seleccionados os premiados, a data límite para que estes efectúen a súa reserva cos bonos agasallos obtidos será o 24 de novembro de 2020. As estancias poderán ter lugar ata o domingo 20 de decembro de 2020, último día do outono.
No caso de que os gañadores do sorteo non puidesen acudir a gozar da estancia reservada na data prevista polas restricións derivadas da pandemia, deberán notificalo a Presume de Galicia cun mínimo de 48 horas de antelación, e ofreceráselles flexibilidade para que poidan acudir noutro momento realizando un bono por valor do importe total da súa reserva. Este bono poderá trocarse exclusivamente mediante a operativa de reservas dos premios Presume de Galicia, e en ningún caso supoñerá a devolución do importe da reserva ao gañador ou gañadora.

OBXECTO E DINÁMICA DO CONCURSO

Cada mércores subirase á páxina de Facebook de Presume de Galicia unha imaxe anunciando o inicio do sorteo semanal, coas indicacións do que deberán facer os participantes para optar ao premio. Isto será: ser seguidores da páxina de Facebook, dar like á publicación do sorteo e comentar na propia publicación con quen se iría de escapada se resultasen gañadores, mencionando a esa persoa.

Terase en canta unha única participación por usuario, independentemente do número de comentarios que deixase.

Os martes anunciaranse aos gañadores da semana, que serán seleccionados ao azar mediante un sorteo realizado na aplicación online Sortea2.

Cada usuario poderá gañar un único bono regalo ao longo de toda a iniciativa, polo que en caso de saír seleccionado máis dunha vez, o usuario será descartado e o seu premio non será cuberto.

Os gañadores serán contactados a través das redes sociais de Presume de Galicia.

Unha vez comprobados e recolleitos os seus datos, daráselles as indicacións dos pasos a seguir para trocar o seu premio. Os bonos regalo terán validez única e exclusivamente a través da operativa de reservas habilitada por Presume de Galicia para a realización desta acción, polo que os gañadores non poderán trocalo directamente e en ningún caso co establecemento no que queiran gozar da súa estancia.

O importe total cuberto polos bonos regalo será de 200€ no caso dos primeiros premios, e de 100€ no caso dos segundos premios. Se o importe da estancia seleccionada fose maior, a diferenza correría a cargo do premiado. Se o importe da estancia seleccionada fose menor, o premiado podería engadir extras que se atopen entre os servizos do aloxamento elixido (comidas, spa, etc…) ata completar ou superar o valor do bono. Se en todo caso o importe da súa estancia fose menor ao valor do bono, os cartos restante quedarían sen consumir.

Se algunha das persoas gañadoras non se puxese en contacto con Presume de Galicia nos 3 días posteriores ao anuncio dos gañadores ou non fectuase a súa reserva no prazo establecido, perdería todo dereito a gozar do seu premio.

PREMIOS

Cada semana sortearanse 7 bonos regalo para estancias en Galicia: 1 bono de 200€ e 6 bonos de 100€. Así, ao longo de todo o período de duración desta iniciativa sortearanse un total de 4 bonos regalo de 200€, e 24 bonos regalo de 100€ (28 premios). 

ACEPTACIÓN DAS BASES

A simple participación no sorteo implica a aceptación das presentes bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, o Clúster de Turismo de Galicia quedará liberado do cumprimento da obrigación contraída con devandito participante.

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 ( GDPR), Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal ( LOPDCP, 15/99), Regulamento de Desenvolvemento da LOPDCP (Real Decreto, 1720/2007, do 21 de decembro), informámoslle da Política de Protección de Datos Persoais, no que se refire ao tratamento dos datos persoais, pódese consultar na sección Aviso Legal.