As Illas de Gres ou Insuas de Gres constitúen unha paraxe natural formada por seis insuas naturais localizadas no río Ulla entre as parroquia de Gres, no concello de Vila de Cruces e Ledesma, no concello de Boqueixón. Cinco delas, as illas de San Ramón, dos Namorados, da Palleta, de Pachín e da Praia, están unidas entre si por pontellas que permiten o paso aos visitantes e cruzar o río a través duns pasais . A insua de San Ramón está limpa de mato e nela están instalados o campo da festa rodeado de árbores á beira da auga, un palco de cemento e unha escultura homenaxeando ó escritor de Gres Xosé Neira Vilas.

Categoría:

Aplausos conseguidos:

Usuario:

INSUAS DE GRES