"Presumimos de facer cine dende o rural, dende Meira (Lugo). Presumimos de facer cine en galego, e en Galicia; na Coruña, nas Pontes, en Viveiro...Presumimos de actores de raza; de Carlos, de Melania, de Morris, de Iván, de Miguel, de María... Presumimos de equipo técnico, por embarcarse con nós nesta aventura e facer deste pequeno proxecto algo grande. Presumimos de aplicados e pacientes figurantes, chegados dende diferentes partes de Galicia, para rodar unha das escenas claves do filme. Presumimos de mecenas, patrocinadores e colaboradores e de todos os que dun xeito ou outro nos dades folgos. Presumimos de ser unha peli 'made in Galicia, but for everyone eh :) "