As festas do barrio da Guía, no concello de A Guarda caracterízanse por ser as que teñen a máis atronadora tirada de fogos de palenque de Galicia. O ceu da vila convírtese nun verdadeiro inferno de pólvora e decibelios. O ruído síntese a máis de 100 millas mar adentro, e as ondas expansivas circulan polos montes ata Tui, Viana e Baiona en longa reverberación. Unha experiencia única para disfrutar polo menos con 3 dos nosos 5 sentidos. 8 de setembro, A Guarda.